Organízate coa Oficina Dixital

A túa empresa na Nube

Aproveita as novas tecnoloxías de Comunicacións

A túa empresa non ten que estar presa dunha ubicación física. Coas nosas solucións na nube, leve a súa empresa a un novo nivel.

Contacta connosco »

As modernas tecnoloxías da información e da comuncación poden axudarche a millorar a organización da empresa.

Porque incluso as empresas ben organizadas poden ir un paso máis alá para facelo millor.

Concéntrate na organización dos teus recursos para acadar as túas metas. Con frecuencia o aspecto máis importante é o máis descoidado polos vendedores da informática. Seguramente máis dunha vez tes pensado se os equipos e programas que tes son axeitados ao que precisas. Otras veces botas en falla equipos ou programas para tarefas concretas. E é normal. Con moita frecuencia as redes que se montan nas empresas non están pensadas dende o punto de vista da organización, nen sequera dos usuarios e o seu traballo cotidián.

Cada organización é un mundo A túa organización nunca é pequena de máis para requerir unha planificación axeitada dos recursos precisos, sen descoidar a capacidade de que eses recursos vaian medrando coa organización.

A solución para a túa organización hai ben anos que está inventada, simplemente era tan cara que só as empresas máis grandes e rentables podían abordalas. Hoxe, da man dos programas de planificación dos recursos da empresa coma Odoo, das solucións de almaceamento coma Nextcloud, dos sistemas operativos como openSUSE e das suites ofimáticas coma LibreOffice, é moi sinxelo por en marcha ou mudar oficinas completas.

A súa oficina Online

Con Nextcloud a súa oficina disporá dun servicio que integra todo o que precisa pero con acceso dende calqueira lugar: correo, videoconferencia, axenda, aloxamento de ficheiros e moito máis.

En combinación con   Collabora Office a versión online da famosa e reputada suite ofimática LibreOffice, os seus empregados poderán crear os seus propios documentos, compartilos e incluso colaborar na súa edición. 
Imagen de Odoo y bloque de texto
Imagen de Odoo y bloque de texto

Xestión da empresa

Moito máis que engadir unha web para a súa empresa, con Odoo, a súa empresa salta definitivamente á Nube. Integre Vendas, Compras, Xestión de Inventario, con ferramentas CRM e todas as tarefas habituais do software de xestión de empresas coas tecnoloxías baseadas na web, incluido Comercio Electrónico, da maneira máis sinxela e productiva.

Texto de Odoo y bloque de imagen

Referencias

Demo Logo
Demo Logo
Demo Logo
Demo Logo

A empresa na Web

Interaciona directamente co mundo online

Web e Comercio electrónico

Presenta os produtos e servizos da túa empresa, e axiliza o proceso de venda.


Comparativas de produtos

Os clientes indecisos poden comparalos para ver cales se axeitan máis ás súas necesidades.


Presentación visual

A presentación limpa dos productos permite que o cliente se poida centrar no que precisa.


Perfiles de usuarios

Os usuarios poden rexistrarse e usar os seus perfiles para acceder á súa información.


A xestión na nube

A túa oficina sempre está contigo

Ferramentas Integradas.

Dende mercar mercadoría ata a facturación aos clientes, todo se integra nunha soa ferramenta.

Adaptabilidade

Personaliza as ferramentas para que se asemellen a ti e non ti a elas.

Calidade de traballo

A integración das ferramentas e a súa sinxeleza permítenche centrarte nos teus clientes, empregados e  calquera colaborador.

Independencia

As solucións de software libre garántenche que o sistema sempre poderá medrar contigo sen peaxes de última hora.

Milleiros de empresas dan o paso á nube cada día.

Coñeza a Nube para saber que pode facer pola súa empresa.