Adoito dicir que Dolphin é, con mucha diferencia, a millor ferramenta para xestionar os nosos ficheiros do mercado. Non só é software libre, que tamén, nin que forme parte da instalación básica do escritorio Plasma de KDE, senón que é tan versátil que che axuda a traballar de maneira sinxela e cómoda. A pega é que a súa instalación deixa unha configuración moi básica e iso pedirá un pouco de configuración, algo que pode arredar a algúns usuarios pero que non debe de ser escusa para non adoptar esta ferramenta en aulas ou oficinas.

A súa presentación non difire demasiado das que podemos agardar doutras ferramentas semellantes. Tes un menú e unha barra de ferramentas arriba, e unha fiestra dividida en dous paneis. Na esquerda temos varias maneiras de acceder aos ficheiros, e na dereita as iconas dos ficheiros, na que se poden facer as tarefas tradicionalmente asociadas aos ficheiros: abrilos, borralos, movelos e copialos dunha carpeta a outra, cambiarlles o nome, etc.
Vista Partida
As características máis salientables de Dolphin comezan coa capacidade de dividir a vista en dúas partes, podendo amosar carpetas diferentes en cada unha delas.

Cada vista pode adaptarse pola súa conta. Por exemplo, podes ter un diferente estilo de vista dos ficheiros (lista, iconas, detalles). Incluso podes usar esta característica para examinar unha mesma carpeta con diferentes estilos de vista.
Se coñeces ferramentas coma o Total Commander terás unha boa aproximación da idea tras desta característica e da súa utilidade.
Aceso a ficheiros remotos
Mediante kioslaves Dolphin é capaz de traballar con moitos servizos de rede de maneira transparente.
Incluso podes crear marcadores na seccion Lugares para aceder a eles cada vez.

Indexadores
O uso de indexadores nos escritorios Linux permite ampliar a súa usabilidade.
Dolphin permite facer buscas semánticas ou temporais, e ademais permite crear marcadores con tales buscas.

E por suposto, para os usuarios avanzados inclúe a posibilidade de abrir un panel cun terminal de comandos para aqueles que se sintan máis cómodos con el.