openSUSE Leap 15.2

Xa está aquí!

Con lixeiro retraso e logo de correr moreas de liñas en foros e blogues contando o que a nova proposta de SUSE vai supor para openSUSE, xa está dispoñible a versión 15.2 de openSUSE. Esta vai a ser  unha versión de transición, seguindo un camiño que ao fin e ao cabo semella lóxico tras da decisión de que openSUSE compartise o sistema base da versión comercializada por SUSE. O obxectivo perseguido pola empresa é, naturalmente, captar novos usuarios, por exemplo en organizacións e empresas que comezan con openSUSE pola súa calidade e gratuidade pero que co tempo prefiran dispor de soporte comercial.

En openSUSE 15.1, dando por feito que non se usen repositorios de terceiros, o sistema base é común con por exemplo SUSE Linux Enterprise Desktop. Mais dende o punto de vista de SUSE, para administrar correctamente os parches e actualizacións dos paquetes instalados, é preciso que os usuarios  actualicen aos repositorios propios de SUSE (inda que os paquetes terán a mesma versión e en esencia serán os mesmos). Isto é incómodo porque dependendo da instalación pode converterse nun proceso longo na medida de que debe de mudarse cada paquete dos instalados no sistema.

A idea de SUSE para paliar isto é que o sistema base de openSUSE e o sistema base de SUSE Linux Enterprise sexan o mesmo, saíndo entón os repositorios principais da instalación do control da comunidade para pasar a estar baixo o control de SUSE directamente. Así, unha hipotética migración en calqueira sentido non requerirá a actualización de paquete algún.

Isto inda non é así na versión 15.2, que vai a ter un carácter transitivo conformando un proxecto propio. É de agardar que o usuario nen sequera advirta dos cambios.

Odoo text and image block

Que ten de novo openSUSE Leap 15.2?

Pois para ser un Service Pack, o certo é que trae bastantes novidades.

A primeira é a inclusión de software relacionado coa intelixencia artificial e o Aprendizaxe Máquina: Tensorflow, PyTorch, ONNX, Grafana e Prometheus.

A segunda é a inclusión de Kubernetes coma paquete oficial da distribución, avanzando así cara a tecnoloxía de Contenedores.

Ademáis disto, inclúe novas versións dos paquetes tradicionais: escritorios, compiladores, suites ofimáticas..., destacando a actualización da aplicación médica GNU Health, actualizado por mor do COVID-19.

Odoo image and text block

Que hai dos escritorios?

O escritorio principal, Plasma Desktop, preséntase na versión 5.18 con Soporte Longo (LTS), versión de escritorio que non só asenta milloras anteriores senón que propón un feixe de avances tanto en usabilidade coma en estética. Non hai como a súa propia web para poder ler a propósito das súas novidades.

O escritorio GNOME da súa beira chega coa versión 3.34, co cal se garanten moitas milloras e novidades. Quen millor que a xente de GNOME para falarnos das súas novidades? (en inglés)

O escritorio XFCE ven cunha nova actualización da versión 4.14. As novidades tamén as podes consultar na súa web (agora mesmo só en inglés).


Como o instalo e configuro?

openSUSE ten bastante documentación sobre da súa instalación. A dispoñible en castelán, se ben non está actualizada a esta versión, é suficientemente explicativa para servir perfectamente.

Tamén dispós de vídeos sobre da instalación e configuración de openSUSE Leap 15.2 nesta mesma web.

Na web de openSUSE hai dispoñible documentación, incluindo un bo texto ben ilustrativo sobre da instalación.

openSUSE Leap 15.2 está dispoñible para as plataformas x86_64, aarch64 e ppc64le

Con Leap 15.2 non hai motivos para non ter openSUSE

Odoo text and image block
Ben instalándoo ti mesmo nos teus equipos, ben pedindo axuda a @tendaPC, ou mercándo o teu portátil Tuxedo ou Slimbook con Leap 15.2 preinstalado, ter openSUSE nos teus equipos é máis doado que nunca.

E non esquezas que para a túa tranquilidade, sexa na casa ou na túa organización, podes obter soporte profesional de SUSE Linux Enterprise.