openSUSE 15.3 está ahí fóra

Máis preto de SUSE que nunca

Imaxe obtida do anuncio da publicación de openSUSE 15.3 Douglas DeMaio | CC-BY-SA-3.0

O 2 de xuño publicouse openSUSE 15.3. Dende entón está dispoñible para o público, podendo descargarse para a súa instalación nun bo feixe de alternativas.

A millor maneira de describir openSUSE 15.3 é, por suposto, a súa estreita relación coa versión empresarial de SUSE, SLE (SUSE Linux Enterprise). Tanto os desenvolvedores de SLE coma os de openSUSE, puxeron moito da súa parte para este lanzamento que remata un proceso de integración comezado con SLE 15/openSUSE 15.0.

Ind quedan, ao meu gusto, moitas cousas que aclarar. Por exemplo, todo apunta a que haberá un par de versións máis de openSUSE Leap 15.x (15.4 e 15.5), o cal nos daría uns 30 meses máis de soporte. De confirmarse, openSUSE Leap podería consolidarse coma unha alternativa seria a CentOS e aos substitutos que poidan aparecer. Mais tamén estaría ben que o confirmasen dunha vez e se con Leap 16 vai ser así.

Odoo image and text block

A ventaxe de ter un soporte bastante longo, inda que impoña seguir o ciclo de actualizacións de versións (15.0, 15.1, 15.2, 15.3, 15.4...) actualizando cada ano, é a confiabilidade: se o sistema funciona ben con calqueira versión, as seguintes versións funcionarán ben, e por tanto mudarse a elas sexa moi doado. Iso facilita que usuarios non tan entusiastas, coma pode ser en calqueira pequena empresa ou organización, poidan razoablemente confiar en que os vindeiros anos o sistema non ofrecerá problemas importantes.

Por suposto, o problema disto é que todos os usuarios terán que usar prácticamente o mesmo software durante anos e anos. Por exemplo, Leap 15.3 ven con Plasma 5.18, mais a última versión publicada é a 5.22.

Isto non é un problema "real". Un pode engadir os repositorios axeitados e usar a últimísima versión de calqueira software incluido na distribución; ou pasarse directamente a Tumbleweed, que está expresamente deseñada para estar na vangarda.

Non hai moitos cambios salientables en openSUSE 15.3, da igual que sexa porque actualices un openSUSE 15.2 que se o instalas. De feito, na actualización será máis difícil atopar diferenzas xa que ao cabo a configuración que teñas en uso seguirá a ser a mesma.

openSUSE Leap ofrece agora, coma outras distribuicións, un panel de benvida con atallos para ver documentación e outra información. Mais alá diso, os cambios son imperceptibles.

Iso sí, a actualización será completa, e incluirá que moitos paquetes de software muden de Vendedor, pasando de openSUSE a SUSE. Tamén aparecen novos repositorios: actualizacións de SUSE Linux Enterprise e atualizacións de Backports.

Neste equipo no que escribo teño un fato de repositorios e unha morea de software para probar. Por tanto, a actualización requiriu descargar e instalar máis de 6000 paquetes e uns días nos que os parches causanlle problemas ao pobre Packagekit e algún erro menor. Un dos erros máis destacables, é que o menú global de Plama non me funciona agora con Libreoffice.

A outra opción e instalar openSUSE nun sistema limpo, que por suposto evitará os problemas dos cambios de paquetes, mais isto non evitará os problemas con algún dos parches. Non creo que estivera previsto que ofrecera tantos problemas esta centralización de paquetes nos repositorios de SUSE, mais semella que moito está aínda por pulir. Hai que ter en conta que SLE usa GNOME por defecto, namentres que en openSUSE o máis popular e mimado é Plasma. Teño certo interese en ver como adoptan Plasma en SLE e incluso a popularidade que poida coller entre os seus usuarios.

Está por ver o efecto real da integración entre openSUSE e SLE. O máis inmediato é a posibilidade de migrar dun a outro de maneira moi doada. Mais o proceso pode ter como efecto colateral proporcionar un nivel de prestacións a openSUSE descoñecido ata hoxe, colocándoa con ventaxe con outros proxectos semellantes. Actualizacións case de clase empresarial, case o dobre de tempo de soporte como os máis inmediatos. Semella demasiado bo.

Ola!!