O Espazo de Almaceamento

Gardar a información de maneira eficiente

Para grandes unidades organizativas, coma poden ser empresas medianas ou grandes, colexios e universidades, productoras multimedia ou medios de prensa, acadar unha xestión do espazo de almacenamento dispoñible para gardar os seus ficheiros é moi importante. E por suposto existen innumerables empresas que ofrecen moitos servizos para satisfacer esa necesidade, dende a mera consultoría á contratación de complexas disposicións de nube mixta.

Mais tamén é unha necesidade que afecta a situacións máis cotidiás: unha pequena oficina onde traballan tres ou catro persoas, e incluso a compra dun equipo informático para o uso familiar.

Axioma 1: Todo espazo de disco tende a encherse; toda memoria tende a encherse.

Corolario: Calesqueira ficheiros que un queira gardar tenderán a medrar tanto en número como en tamaño para ocupar todo o espazo dispoñible.

Por suposto, tanto @tendaPC coma outras empresas ofrecen servizos de consultoría e posta a punto neste tipo de situacións.

Un bo consello é estar preparado para facer medrar o espazo. Por suposto, a velocidade á que se deba medrar dependerá tanto do tipo de información que gardamos como da súa importancia, tanto obxectiva coma subxectiva.

Ademais, calqueira consideración sobre a xestión do almaceamento dos nosos ficheiros debe incluir cuestións como a súa fiabilidade, seguridade, integridade e acesibilidade.

A fiabilidade as veces é nomeada dispoñibilidade. Pouco importa o seguros que estean ou cantas copias teñamos se cando os precisamos non están ao noso alcance. Entón é necesario que os datos sexan almaceados en formatos adecuados e dispositivos que sempre sexan acesibles, e por tanto, funcionen correctamente.

A seguridade implica varias vistas: os datos privados deben de seguir sendo privados e ser só acesibles por quen teña que aceder a eles, e os datos non deben de perderse ou verse expostos por erros de manipulación de terceiros.

A integridade refírese a que os datos deben de conter sempre o contido agardado, en particular os ficheiros de información e de bases de datos.

Finalmente, a acesiblidade refírese tanto á posiblidade de aceder a nosa información en calqueira momento coma a necesidade de que o software que desexemos empregar poida traballar correctamente con ela.

Odoo text and image block

Calqueira forma de análise desta cuestión relativa a equipos concretos usará conceptos coma os que siguen:

  • espazo de disco: é a cantidade de espazo que un disco, habitualmente un disco duro, ten dispoñible para o sistema. Esta cantidade depende da organización física do propio disco duro, pero tamén do tipo sistema de arquivos que se use. Ademais, a creación de particións lóxicas tamén consume espazo, xa que nalgún lado debe gardarse dito particionado. Hai outras consideracións menores que poden observarse nalgún documento técnico. Na wikipedia podedes ver informacións sobre do funcionamento y os diferentes tipos de discos duros. Os HDD son dispositivos mecánicos que constan de varios discos ou platos que van rotando, mentras que os SSD son discos sólidos que non se moven.

  • sistema de ficheiros: organización xerárquica da información nun sistema operativo. Nos sistemas "Unix-like" hai unha raíz da que colgan diversas carpetas, entre elas /home, /usr, etc., que á súa vez conteñen outras ou ficheiros, e así sucesivamente, formando unha especie de árbol invertido. Podemos pensar que cada sistema de ficheiros se corresponde coas ramas principales do sistema, e moitos deles non teñen sequera por que estar no mismo dispositivo. De feito, o usual é ter alomenos dous sistemas de ficheiros en dispositivos separados: / e /home (habitualmente para un usuario doméstico isto significa que están en particións distintas dentro do mesmo disco duro)

  • sistema de arquivos: organización dos diversos ficheiros que compoñen o sistema, incluida a súa localización, posibles propiedades e permisos, etc. Para evitar erros de interpretación, acostumo a falar neste caso do tipo de sistema de arquivos. Os más usuais en Linux son ext4, xfs y btrfs, xunto con NTFS que é usado en sistemas Windows. Fai xa ben anos que diversos fabricantes nos devolveron ao pesadelo de convivir con FAT (vfat), que inda hoxe é común velo usado  en pendrives, cámaras digitales, etc. inda que hoxe xa se utilizan otros sistemas como NFTS e incluso ext4 gaña posicións grazas a Android.

  • táboa de particións: fichero que contén unha táboa co particionado do disco. Nos PC temos dous tipos de táboas de particións: ao vello estilo, a veces chamado "táboa de particións MS-DOS" por ter sido popularizado por ese sistema operativo. Contén un máximo de 4 particións primarias,inda que é  posible definir unha de ellas como de "tipo extendido", e así poder crear varias particións dentro dela chamadas lóxicas; e o  sistema moderno chamado GPT, que permite disponer de moitas particións primarias.

  • Volumes de disco, de ficheiros ou lóxicos: sistema baseado en software que permite superar moitas das limitacións do sistema de particionado, principalmente do usado por MS-DOS. Permite dividir particións en unidades menores, agrupalas, criptografialas ou crear réplicas redundantes.

  • RAID: sistema que permite superar algunhas limitacións do sistema de particionado e implementar moitas das características do sistema de volumes, principalmente utilizado para facer copias redundantes de discos que poidan ser intercambiados polo propio equipo sen intervención do usuario en caso de erro. Se ben o máis empregado é o RAID por hardware, que usa o software da BIOS para tratar directamente cos discos, tamén pode ser implementado por software.

Cando se trata de organizacións de equipos, o glosario increméntase e adquire certa complexidade. Estes son algúns dos termos usuais:

  • sistema de ou en rede: organización de equipos conectados entre si tanto a traverso dun router coma directamente, se ben esta maneira de interconexión está en certo desuso.

  • pool de discos: as veces usado en máquinas concretas, refírese ao conxunto de discos que forman parte dun sistema.

  • sistema de ficheiros distribuido: sistemas de ficheiros que no cando de usar un ou varios discos do mesmo equipo, son capaces de crear sistemas de ficheiros en discos de equipos diferentes, incluso se a conexión non é directa e require Internet.

  • SSH: sistema de conexión remota a equipos que permite usar shells ou consolas para utilizar o equipo.

  • VPN: acrónimo de Virtual Private Network, ou sexa, Rede Privada Virtual. Permite a interconexión de equipos remotos tanto estean na mesma rede ou ben por Internet.

  • VNC: acrónimo de Virtual Network Computing, ou sexa, Computación en Rede Virtual. Permite a conexión a equipos dende a nosa rede coma por Internet, sexa para observar accións que teñen lugar no equipo como para executar accións que poden ser vistas ou non por outros usuarios.

Este artigo, coma outros que virán da mesma materia, publicouse por primeira vez como parte dun artigo máis longo (en castelán) co nome "Cómo distribuir el espacio de disco estratégicamente v2019" no foro técnico ForoSUSE aló por setembro de 2019. Á súa vez, dito artigo ía a ser unha actualización do artigo nomeado "Cómo distribuir el espacio de disco estratégicamente" publicado no mesmo foro en abril de 2011.