O Escritorio Plasma

Se o outro día dicía nun artigo deste blogue que na miña opinión Dolphin é o millor xestor de ficheiros do mercado, non sorprenderá a ninguén que diga que na miña opinión o Escritorio Plasma é, con diferencia, o millor espazo de escritorio dispoñible no mercado.

E pode ser máis rechamante canto que as distribucións empresariais de Linux para equipos de escritorio utilizan o Escritorio GNOME no canto de Plasma. Isto fundaméntase en algunhas razóns históricas relativas a licencia das librerías gráficas QT, utilizadas por Plasma. GNOME é un escritorio potente e moi sinxelo de utilizar, o que facilita que estas empresas sigan a confiar nel para os seus produtos.

Plasma é o escritorio desenvolvido pola organización KDE, complementado con un grupo de aplicacións que se actualizan de maneira independente. Isto non limita as aplicacións que poden usarse no mesmo: aplicacións GTK, TCL/TK, Wine e moitas outras funcionan sen problema. A súa configuración é moi flexible, o que permite adaptarse ao gusto e comodidade de usuario ata límites extremos.

As Actividades

Unha das características quizais menos usada pero máis útil de Plasma é a capacidade de configurar distintos espazos de traballo que se poden adaptar ás diferentes actividades que realicemos co computador. Neste tempo en que moitos traballadores tiveron que usar equipos caseiros para poder teletraballar, unha ferramenta que permita distinguir a actividade profesional da persoal ten moito interese. Tamén podes definir actividades que correspondan aos diferentes proxectos que nos que esteas involucrado.

As actividades permiten dispor diferentes vistas do escritorio adaptándote ás respectivas tarefas.

Cada actividade pode ter, por exemplo, fondo distinto para salientar o tipo de actividade que se está a levar a cabo. Tamén se poden dispor widgets (plasmoides, na terminoloxía de Plasma) diferentes en cada unha. En unha actividade podemos ter o contido da nosa carpeta Multimedia, namentres noutro podemos ter a vista os contidos das carpetas que conforman un proxecto.

É certo que o uso de actividades require de certa intervención do usuario: creala, engadir os aspectos distintivos, e quizais facer algunha configuración específica.

Sempre Enriba

Non todos temos 20 monitores conectados nin resolucións 4K, así que é inevitable que antes ou despois te vexas con que precisas que a fiestra dunha aplicación se deba de ver enriba da fiestra da aplicación que estás a usar. En Plasma isto faise seleccionando a opción "sempre enriba" do menú  secundario da barra de título.

Ademais, o cambio de foco en Plasma é moi intelixente e pode configurarse. Por exemplo, na configuración por defecto podes ver unha fiestra e coa roda do rato facer escrol nunha páxina web do navegador que teñas debaixo.

Enlaces