Linux para empresas

Distribucións comerciais

No mundo dos escritorios informáticos Linux inda segue a ser un grande descoñecido. Isto vale para os usuarios domésticos, para os usuarios profesionais e tamén para o eido empresarial. Hai moreas de oficinas a usar Windows 7, inda que está sen soporte por parte de Microsoft, e incluso podes atopar un fato de máquinas con Windows XP.

As aplicacións de Autodesk non poden funcionar baixo Linux (inda que poden ser exectuadas en máquinas virtuais), e outras aplicacións como as de Adobe poden non ter sinxela configuración para que funcionen. Isto non supón unha merma da calidade do software dispoñible: por exemplo, os productos máis populares de Autodesk, AutoCAD e Revit, poden ser sustituidos por productos como BrisCAD.

Non obstante, para prácticamente todos os campos hai máis que suficiente software de calidade, tanto de explotación privativa coma software libre.

As Distribucións

Cando instalas Linux nun ou varios equipos realmente estás a instalar o que se coñece como unha Distribución de Linux. As distribucións son coleccións de aplicacións, incluindo as utilizadas para a sua propia configuración ou instalación, proporcionadas por algunha empresa ou colectivo.

Hai distribucións xerais (Ubuntu, Debian, openSUSE...) que pretenden proporcionar precisamente unha colección de aplicacións para uso xeral, e hai distribucións especializadas que proporcionan coleccións de aplicacións relacionadas co obxectivo concreto da distribución (hainas enfocadas á seguridade informática, hainas para facilitar a diagnose e reparación de equipos informáticos, etc.).

As distribucións proporcionan as ferramentas precisas para usalas, tanto a súa instalación e configuración, como o engadido de aplicacións parte da distribución. Se hoxe todo o mundo está familiarizado coas tendas de aplicacións (playstore de Google, appstore de iOS ou a tenda de aplicacións de Microsoft), estas teñen a súa orixe nos conceptos usados pola maioría de distribucións de Linux. A idea é dispor dunha ubicación acesible por internet na que se gardan aplicacións, que son instaladas ou desinstaladas con aplicacións específicas.

Distribucións Empresariais

Estas distribucións están orientadas ao seu uso en empresas. Proporcionan soporte e parches de actualización de diferentes maneiras segundo a empresa e contrato asinado, e por suposto adoitan facilitar o uso de hardware específico. A filosofía destas distribucións pode resumirse na expresión: pago por servizo. Non renovar os contratos conlevará perder os dereitos que proporcionaban, pero non impedirán que se continúe a usar o software.

Empresa
Red Hat
SUSE
Ubuntu
Distribución
RHEL (Red Hat Enterprise Linux)
SLE (SUSE Linux Enterprise)
Ubuntu
Propósito
Servidor y Escritorio
Servidor y EscritorioServidor y Escritorio
Soporte Comercial
de pago
de pago
de pago / OEM
Versión Gratuita
Fedora (orientada a probas)
CentOS (orientada a empresas)
openSUSE
Ubuntu
Tempo de Soporte Máximo
12 anos
13 anos
10 anos
Tanto SLE coma RHEL dispoñen dunha ferramenta para administrar as instalacións que forman parte da suscripción.

Principais aplicacións:

Escritorio Por Defecto:

GNOME 3.0 

Suite Ofimática:

LibreOffice

Navegador:

Firefox