FairEmail

Un cliente libre para o teu Móvil

En tempos de mensaxería instantánea ao estilo de WhatsApp, Line, Telegram e outros, o correo electrónico sigue tendo certa vixencia. Certamente, a visión do uso do correo electrónico ben hoxe moi influenciada pola omnipresencia de Gmail.

Porén, as dúbidas do compromiso de Google coa absoluta privacidade das nosas comunicacións e o difícil encaixe das súas políticas ao respecto do Regulamento de Protección de Datos europeo, abren o interese en solucións libres se ben non tanto no eido doméstico, si nas empresas para as que o cumprimento de ese regulamento son de apliación obrigada.

Cando mercamos un móvil ou unha tableta con Android, é moi probable que nos inclúa os servizos de Google. Ao cabo, Android é un sistema da súa propiedade. Gmail posibilita usar varias contas, ten o seu propio concepto de "Buzón" e está ben integrado con cada aplicación.

É moi doado concertar algún servicio de correo electrónico, basta con contratalo. Ou ben directamente en algún dos moitos Proveedores de Servizos de Internet ou ben en integradores como atendapc.net, e en xeral é doado usar os seus sistemas baseados en Webmail, ou incluso aplicacións coma Kmail, Thunderbird, Evolution...

Mais... ¿e no móvil? Posto que usar a app de Gmail para isto pode non supor demasiado avance, faise preciso usar algunha app que poida sustituir a aquela.

Hai apps que sexan ao tempo software libre, funcionen baixo Android e fagan o seu traballo axeitadamente?

FairEmail fai todo iso.

Entre as características de FairEmail temos a posibilidade de non só manexar varias contas, senón dispor dunha bandexa unificada que nos permite consultar o correo dun simple vistazo.

O deseño da aplicación é o bastante simple para calquera, inda que ao principio quen non teña a costume de usar varias contas de correo pode atopar un pouco desconcertante a existencia de "cartafoles" e a "bandexa unificada". Conta cun asistente para engadir as nosas contas*, pode seguir conversas, usar criptografía e en xeral a maioría de opcións que poidamos agardar.

Na configuración por defecto, FairEmail antende os enlaces que conteña a mensaxe que estamos a ler e se as imaxes que teña que descargar fan algún tipo de seguimento. E por suposto non inclúe publicidade e non fai ningún tipo de seguimento (salvo que se active o informe de erros).

Consígueo en

Odoo CMS- Sample image floating
Odoo CMS- Sample image floating

*Mais á hora de seleccionar Gmail dará erro porque Android autentifica a aplicación para que se poida conectar a Gmail.

Odoo text and image block