Descentralizar a actividade empresarial

A epidemia do SARS-COVID-2 coma motor de cambio

Entre as diversas medidas adoptadas en moitos estados por mor da pandemia ocasionada polo SARS-COVID-2 destacan diversos graos de confinamento da poboación. Nalgúns países como España unha das consecuencias foi a práctica obrigatoriedade do traballo "non presencial". De repente moitas empresas e institucións atopáronse coa necesidade de permitir e facilitar a conexión a determinados servizos da propia organización. Dende centros de ensinanza de diversos graos e titularidades, institucións públicas, empresas de consultoría e todo tipo de departamentos burocráticos.

Como primeira consecuencia, as empresas estivemos intercambiando información respecto a como adaptamos a nosa relación profesional coa garanta dos estándares de calidade nos nosos produtos e servizos. Naturalmente, aos especialistas nas tecnoloxías da información e da comunicación pódesenos incluso requirir saber adoptar mecanismos para facilitar o traballo remoto.

¿Como podemos levar este coñecemento e experiencia aos nosos clientes?

As empresas de tecnoloxía coñecemos un amplo abano de ferramentas, coas características, beneficios e contrapartidas que implica o seu uso. Con tal coñecemento, resúltanos un proceso bastante sinxelo: definimos as necesidades e despregamos sucesivamente as diversas ferramentas que eventualmente cubran tales necesidades.

Os nosos clientes, porén, acostuman delegar en nós a selección das ferramentas a usar, e con iso con frecuencia limitamos o éxito das integracións tecnolóxicas que lles propomos. Por exemplo, o acceso remoto a un equipo de oficina require que tal equipo estea acendido. Se nunha oficina hai, digamos, 5 despachos cos respectivos equipos, son 5 equipos que terán que estar acesos cando os traballadores precisan conectarse a eles. O bosquexo máis usual para resolver isto é adaptar un equipo servidor, ben na propia oficina, ben un servidor externo. As veces as tecnolóxicas, por mor de non "asustar" aos nosos clientes, tratamos de proporcionarlle solucións sinxelas que entendan pero que pode non ser o que requiran.

Calquera organización pode comezar por decidir que servizos se queren proporcionar ao exterior, a quen e por que razón. Por exemplo, unha consultoría precisará un servizo para que os usuarios poidan acceder aos seus ficheiros, pero poida que as aplicacións que use sexan pouco máis que unha suite ofimática ao uso, coma LibreOffice. Outra empresa pode estar interesado porque os seus equipos de traballo se poidan reunir para coordinar correctamente a xestión dos seus proxectos. Ou ben poida que a dirección da empresa queira ter un mecanismo para reunirse e debater as políticas a implementar na empresa.

Imagen de Odoo y bloque de texto

A oficina online

Hai ben tempo que existen boas ferramentas para sacar o traballo da oficina. A crise que estamos a sufrir só evidencia a utilidade de ter entornos de traballo ben deseñados, robustos e seguros.

O maior cambio nos sistemas informáticos modernos é a extensión do software libre para permitir a calquera empresa facer o seu propio proxecto de migración á nube, sen requirir de grandes desembolsos económicos. Gracias a eles, unha empresa pode despregar todos os servizos que precise ao seu propio ritmo.

A dinámica de traballo das empresas non acostuma facilitar a posta en marcha de proxectos de implantación destas tecnoloxías. Aquí é onde situacións de crise como a actual poden tensar tanto esas dinámicas que os cambios cheguen a ser moito máis doados.

Os cambios máis importantes veñen da man da necesidade de favorecer o teletraballo, a coordinación de quendas de cadros de persoal, a necesidade de restrinxir o tamaño dos equipos, os cambios na distribución dos produtos que vende a empresa, e un longo etcétera.

Proporcionar servizos online

Proporciona os servizos máis urxentes, sen esquecerte dos máis importantes. A consultoría informática é clave e non temas dedicar un par de días para dispor dun plan inmediato de traballo. Pensa por exemplo nun empregado que procesa documentación que recibe por escrito.

Ten presente sempre que a idea e continuar a engadir novos servizos. Acorda coa túa consultora informática un plan de despregue de servizos e un orzamento para os mesmos. Tamén é boa idea facer reunións entre os traballadores e a consultora para, entre outras cousas, detectar dificultades denantes de implementalos.