Descentralizando a empresa

A oficina completamente online

¿Cales poderían ser os pasos para unha descentralización da nosa empresa?

Un traballador nun día cotián chega, acomódase no escritorio, acende o computador, probablemente teña que identificarse para acceder aos seus programas, e abre os programas que requira para facer o seu traballo. Eventualmente estes programas gardan ficheiros no disco do equipo para ser utilizados noutro momento.

Unha maneira de facer isto mesmo pero de forma remota consiste en simplemente habilitar un sistema de aceso remoto. Unha das moitas maneiras de facer isto é con OpenVPN, que é unha aplicación que nos permite conectarnos a un computador e iniciar unha sesión de usuario normal nese mesmo equipo. As aplicacións usadas vense na pantalla pero realmente usan os recursos do computador ao que nos conectamos.

Haberá ocasións nas que non precisamos facer uso dos recursos do equipo. Un exemplo disto é ter unha aplicación de monitorización ou de vixilancia. Neste caso é máis rápido configurar un aceso por SSH.

O seguinte paso é non requirir que cada equipo teña que estar acendido.

Por en marcha un servidor alugado ten a vantaxe da simplicidade e custe, e o inconveniente de que os servizos que proporcione dependerán funcionalmente dunha terceira empresa; pola contra, un servidor propio será xusto ao revés: máis complexo e caro, e non terá esa dependencia.

Podemos aquí fixar dous fitos:

  1. Despregar os nosos servizos en VPS ou servidores adicados en alugueiro en función dos requirimentos de potencia de computación, número de usuarios e demais requirimentos técnicos. Co tempo, iranse substituíndo por servidores propios.

  2. Despregar cada servizo nun servidor propio. Inda que algúns servizos semellen ser abondo básicos, un VPS básico é o suficientemente barato para que non compense complicar a administración dos demais servizos.

A accesibilidade e seguridade da información é unha das cuestións prioritarias para calquera descentralización do traballo
Odoo text and image block

Dominios

Merca polo menos un dominio para a actividade comercial online, se a hai, e outro para o uso interno da empresa.

O primeiro de todo será mercar dominios de internet que sexan adecuados para a empresa. Os dominios rexionais (.es, .gal, etc.) axudan á identificación local da empresa e a definir o seu ámbito de traballo. Tamén poden rexistrarse outros dominios (p.ex. .com se queremos proporcionar comercio electrónico, .org se queremos ter unha vista funcional da empresa, etc. Tamén é boa idea rexistrar dominios semellantes ao nome da nosa empresa ou que poidan estar relacionados. Isto facilitará que no futuro outras empresas non aproveiten a nosa imaxe incluso para timar aos nosos propios clientes.

Correo Electrónico

Non deixes que a túa comunicación dependa de grandes empresas coma Google ou Microsoft. En última instancia, nen sequera compren os requirimentos básicos das Leis e Regulamentos de Protección de Datos en vigor.

Unha PEME ou empresa individual pode atopar máis sinxelo e menos custoso arrendar servizos de correo electrónico completos, e así evitar o custe en persoal de administrar un servidor de correo. Con todo, se a empresa ten uns cantos usuarios de correo é millor que despregue o seu propio servidor e así ter unha maior integración con outros servizos.

Hai abondosas solucións de software libre para despregar un servidor de correo, o que permite deseñar servizos con moito menor custe que as contrapartidas habituais.

Nextcloud

Moito máis que un servizo de aloxamento de ficheiros, dispón de ferramentas para as tarefas máis habituais da oficina: cliente de correo, axenda, xestor de tarefas, chat e videoconferencia, ofimática (coa suite Collabora Office) e moito máis.

Un dos servizos máis comúns para proporcionar en liña é o almacenamento e aceso a ficheiros na nube. Normalmente acompáñase dalgunha ferramenta de sincronización para que sexa máis doado o acceso aos documentos para traballar. Dito isto, os usuarios de Linux poden acceder a moitos servizos deste tipo como se fora un disco duro externo máis. Unha boa planificación podería incluír contratar contas nalgún fornecedor que proporcione este servizo e ilas ampliando a media que se faga preciso, sempre coa mente posta en despregar nalgún momento un servidor corporativo para esta función.

 
 

Nextcloud proporciona acceso seguro e privacidade, facilitando cumprir os estándares máis exixentes. Pode integrarse con calqueira sistema operativo (Windows, Mac, Linux) e ten dispoñible app para Android e iOS, inda que a por natureza a integración máis natural é con Linux.

Con Nextcloud os usuarios poderán compartir os seus traballos facilmente, e incluso colaborar cos seus equipos. É unha ferramenta que nada ten que envexar das ferramentas máis populares (Google Docs/GDrive, Microsoft 365/Drive). E coa garanta da privacidade da nosa información.
 
 

Odoo

Un gran ERP que pode axustarse ás necesidades das medianas e grandes empresas, pero que tamén pode adoptarse en pequenas organizacións con grande éxito.

Un bo ERP proporciona unha integración moi adecuada nos nosos procesos productivos, e este motivo por si mesmo xa xustifica o custe de despregalo. Un ERP coma Odoo ademáis permite integrar no noso sistema de xestión ferramentas como a Web corporativa, o servizo de comercio electrónico, servizo CMR e moito máis. E por suposto, é accesible pola web, tanto para os traballadores da empresa como para os nosos clientes, clientes potenciais e provedores. 
 
Odoo proporciona algúns servizos que tamén poden ser proporcionados por outras ferramentas coma Nextcloud. Por suposto, o plan de implantación debe delimitar que servizos é útil utilizar en cada caso.