Autofirma

Sinatura dixital para aumentar a confianza nos documentos

Odoo CMS - a big picture

Na informática moderna é moi importante conseguir a millor confiabilidade nos documentos que se intercambian. Tradicionalmente a sinatura de puño e letra amosouse coma un sistema razoablemente seguro, inda que cabían as falsificacións. A xeneralización da informática fixo que os documentos autenticados foran escaneados para poder ser almacenados o transmitidos electronicamente.

A confiabilidade do proceso de escaneado e intercambio foi sempre, no millor dos casos, dubidosa. É moi sinxelo abrir o arquivo escaneado e modificalo. Polo tanto a maioría de organizacións continuaron remitindo copias impresas asinadas manualmente dos documentos máis importantes, particularmente dos contratos de toda clase.

Co tempo foron aparecendo ferramentas para usar certificados dixitais para autenticar os nosos documentos. Unha destas ferramentas é Autofirma.

Autofirma é unha aplicación gráfica de uso sinxelo para traballar cos certificados dixitais emitido pola administración.

Compre aclarar que Autofirma non é nin de lonxe a única ferramenta para asinar documentos dixitalmente. Nin sequera é o millor en todas as circunstancias. Por exemplo, todo o software que se instala nos meus equipos ten unha sintura dixital. E hai outros procedementos de comprobación da autenticidade dun ficheiro dado.

Autofirma é unha aplicación gráfica de uso sinxelo para traballar cos certificados dixitais emitido pola administración. Unha das ventaxes é que ademáis de ser software libre tamén está dispoñible para Linux, Mac e Windows. Tamén permite engadir con comodidade imaxes coa nosa firma manual (ou outro elemento que queiramos a modo de selo) e unha etiqueta con texto da sinatura dixital para as copias impresas.

O seu uso é razoablemente sinxelo. De feito, a sinatura dixital en si mesma non ten misterio: elixes o documento, premes en "Asinar", seleccionas o teu certificado dixital y gardas o documento asinado. Se elixes incrustar unha sinatura dixital visible no documento impreso ou ben insertar unha marca visible, como unha imaxe da túa sinatura manuscrita ou un selo, terás que indicar onde queres que se sitúen, incluso se o farán en todas as páxinas ou só nalgunhas.

Hai quen prefire usar ferramentas coma Adobe Acrobat Pro para esta tarefa. Autofirma non só fará este traballo igual de ben, senón que incluso vin algún documento creado con Acrobat que a versión impresa era lixeiramente diferente.